O novo Humble Bundle inclúe xogos da saga Civilization

martes, 4 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Durante as vindeiras dúas semanas o proxecto do Humble Bundle ofrecerá un impresionante lote de xogos do selo de Sid Meier que facilita a compra por unha cantidade a dos xogos Civilization III, Civilization IV, Ace Patrol, Ace Patrol: Pacific Skies e Railroads por un prezo a elección de cada usuario que, de superar o pagamento medio, incluirá Civilization V e o seu DLC Gods and Kings, co posibilidade de pagar a partir de 15 dólares para desbloquear o lote completo (que inclúe tamén o último DLC da saga, Civilization V: Brave New World), o que é unha oferta moi atractiva, xa que o conxunto de títulos adquiridos de xeito independente terían un prezo de mercado de 144 dólares.
Os amantes destes xogos de estratexia teñen aquí unha excelente oportunidade para facerse cunha boa colección de auténticos clásicos (as diferentes entregas de Civilization poden considerarse como clásicos instantáneos) que vén aderezada por algúns xogos un tanto diferentes, como o título de deseño ferroviario Railroads e un par de xogos de aviación da saga Ace Patrol, que introducen certa variedade no the Humble Sid Meier Bundle que destinará os seus beneficios a Acción Contra a Fame.


Vídeo promocional do novo Humble Bundle

PUBLICIDADE