O novo Wolfenstein terá unha edición para coleccionistas que non incluirá o xogo

mércores, 26 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Entre os contidos da edición para coleccionistas está unha figura dun Panzerhund

Para o mes de maio está previsto o lanzamento de Wolfenstein: The New Order, xogo de Bethesda que sería a novena iteración da saga iniciada en 1992 por Id Software, que entre os seus atractivos ten que os usuarios que o reserven terán acceso á beta de DOOM, polo que deben de agardar que xa existan unidades reservadas en todo o mundo, polo que sorprendentemente a súa edición para coleccionistas coñecida como Panzerhund Edition incluirá numeroso material físico para o xogo, pero non o xogo en si mesmo.
A edición Panzerhund de Wolfenstein: The New Order está limitada a 5.000 unidades e preséntase nun pequeno baúl de época duns 50 x 26 x 22 centímetros nos que se inclúe unha figura articulada de 20 centímetros dun Panzerhund coa súa base, un arquivo clasificado con documentos recuperados da guerra (mapas, arquivos de casos, cartas, documentos segredos, planos e unha radiografía), unha colección de 14 postais de época dos anos 60 alternativos de Wolfenstein, 3 parches bordados, unhas chapas de identificación e unha exclusiva carcasa metálica para gardar a copia do xogo (que haberá que adquirir aparte).
Esta completa colección de mercadotecnia de Wolfenstein pode encargarse vía web a un prezo de 100 dólares.

Sorprende ver que a completa edición limitada do xogo non inclúa o propio título


Un dos últimos vídeos promocionais do xogo

PUBLICIDADE