O novo filme de Cazafantasmas terá un par de videoxogos oficiais

venres, 15 de abril do 2016 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos anos os desenvolvedores de videoxogos tiraran a toalla na batalla por lanzar videoxogos dignos baseados en películas de estrea, limitándose a preparar xogos de baixo custo para dispositivos móbiles, dende Activision sorprenden anunciando que o filme dos Cazafantasmas que chegará aos cines o 15 de xullo contará con videoxogos oficial con versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC, que será unha especie de xogo de rol de acción para catro xogadores, no que poderemos encarnar a recrutas que terán que cazar fantasmas por toda a cidade de New York.
Pero este non será o único xogo da película, senón que tamén pretenden facer o que antes comentamos, estrear un xogo para móbiles, que estará dispoñible para iOS e Android e que levará por título Ghostbusters: Slime City, e do que aínda non transcenderon máis detalles.
Para facernos unha idea de como será o novo xogo de Ghostbusters para consolas e PC temos xa o seu primeiro vídeo promocional:

Carátula da versión para PlayStation 4 do novo xogo de Ghostbusters

PUBLICIDADE