O parchís chega ao Apple TV

venres, 19 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O último Apple TV, que inclúe tenda de aplicacións, abriu unha porta de posibilidades na que os xogos teñen un rol importante, e dado que o reprodutor multimedia de Apple tende a empregarse no salón, resulta un trebello ideal para retomar os xogos en familia, de aí que non debería sorprendernos que o vallisoletano Diego Prados lanzase o xogo Parchís FullHD que permite que entre 1 e 4 xogadores controlados por persoas ou polo propio Apple TV poda competir no popular xogo de taboleiro. O xogo contrólase con clics no Siri Remote.
Esta conversión do clásico xogo do parchís ao Apple TV permite interromper as partidas en calquera momento para retomalas logo, de xeito que ningunha partida quedará sen o seu gañador.
O prezo deste novo xogo para Apple TV é de só 1,99 euros.

Vídeo promocional de Parchís FullHD para Apple TV

PUBLICIDADE