O piloto Ricardo Suárez amosa este mércores en Vigo a súa experiencia á fronte da tenda en liña Rodamoto

martes, 24 de setembro do 2013 Redacción

A asociación AJE-Galicia segue adiante coas súas actividades de divulgación arredor de como pór en marcha unha iniciativa empresarial propia botando man das TIC e conseguir un resultado competitivo e rendíbel. Nesta liña insírese a cita deste mércores 25, unha charla co piloto Ricardo Suárez, subcampeón de España de motociclismo que contará aos asistentes, entre outras cousas, como logrou que a tenda en liña Rodamoto teña clientes en dúas ducias de países e se tivera convertido nunha empresa líder na venda en Internet de pneumáticos (amais de ter triplicado a súa equipo de traballadores ao longo de cinco anos de crise).
A charla de Suárez insírese dentro do ciclo Así o fago eu, un programa de actividades de AJE Galicia que consiste en convidar a empresarios novos para que compartan cadansúa experiencia de éxito. A cita co piloto desenvolverase a partir das 19.00 horas, na sede da asociación (número 53 da rúa Príncipe de Vigo).

PUBLICIDADE