O popular xogo móbil TwoDots estrea versión para Android

luns, 17 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Tras o grande éxito do xogo Dots: A Game About Connecting, chegou unha secuela, TwoDots, que até o momento era exclusivo de iOS, e que por fin ten versión para Android, de xeito que se amplía enormemente a base potencial de usuarios que poden gozar deste título que podemos descargar de balde.
O xogo ten unha mecánica moi sinxela que consiste en conectar vertical e horizontalmente puntos da mesma cor, superando distintos retos nunha viaxe por 135 adictivos niveis que co seu peculiar deseño minimalista permite gozar de horas de diversión.
TwoDots tamén insta aos usuarios a compartir as súas puntuacións a través de Facebook para desafiar aos seus amigos. Ao estarmos ante un xogo de balde, o seu financiamento chega a través de compras dentro da aplicación, aínda que non é preciso realizar ningún pagamento para poder xogar deste título. A comunicación da aplicación con Facebook tamén permite sincronizar os avances entre os novos distintos dispositivos (iOS e Android).

PUBLICIDADE