O portal de vídeos Hulu inicia a súa beta privada

luns, 29 de outubro do 2007 Marcus Fernández

NBC Universal confirmou a finalización do seu acordo con YouTube para a difusión dos seus contidos a través da Internet e hoxe estrou a versión en probas do seu propio servizo de vídeo. A nova iniciativa pretende engadir contidos de Viacom, Disney, Sony e MGM, e será de balde (financiado con publicidade) formando unha plataforma de vídeo moi completa que comeza cunhas 90 series de televisión (que incúe éxitos coma Heroes ou Los Simpson, así como clásicos do estilo de Corrupción en Miami ou El Equipo A) e unhas 10 películas.

Hulu achegará un amplo abano de series televisivas

O contrario do que viñan a facer as plataformas de vídeo das distintas canles de televisión, o servizo Hulu permite non só acceder ós contidos, senón tamén integralos en webs alleas, o que sen dúbida potenciará o seu uso, aínda que o propio xerente da empresa, Jason Kilar, destaca que traballan nun «achegamento de alta calidade ós contidos» de xeito que non suporán unha ameaza para YouTube, xa que non son unha plataforma de contidos creado polos usuarios, aínda que empregue moitas das súas características.
Os vídeos de Hulu se poden ver en formato panorámico dentro da web do servizo, nunha pequena fiestra separada ou a pantalla completa, cunha flexibilidade que poderá consolidalo como unha boa opción de consumo de televisión dende o ordenador.

PUBLICIDADE