O portal web da Xunta unifica o acceso ás distintas consellerías

mércores, 18 de abril do 2012 Redacción

Detalle da portada de Xunta.es na que temos ligazóns aos novos espazos unificados das distintas consellerías

Dende hoxe a páxina web corporativa da Xunta de Galicia presentará de xeito unificado a páxina de acceso ás diferentes consellerías, para facilitar que os cidadáns teñan acceso ás mesmas a través dunha estrutura que facilita a navegación e o acceso aos contidos de interese.
Deste xeito, cada consellería contará cunha nova portada que inclúe a información de carácter institucional relativa á mesma, potenciando o concepto de portal temático como canles de referencia dos servizos para a cidadanía da web da Xunta, acadándose unha maior homoxeneidade.
Esta medida permitirá minimizar os posibles cambios organizativos, xa que se adapta á clasificación de contidos corporativa e ás políticas web xa definidas pola Xunta de Galicia no Decreto que regula a presenza da Administración xeral e do sector público na Internet. Tamén posibilitará unha rápida adecuación da información de calquera departamento ante posibles cambios estruturais.
Aparte de mellorar na súa organización e homoxeneidade, o portal web da Xunta de Galicia tamén caracterízase por contar coidar aspectos como a reutilización da información, a transparencia e a accesibilidade, chegando a ser recoñecido como o portal web autonómico máis accesible do Estado segundo o último informe do Observatorio de Accesibilidade do Ministerio de Política Territorial e Administracións Públicas.

PUBLICIDADE