O prazo para concorrer no premio de publicidade en galego da RTVE e a CRTVG remata o 15 de xullo

venres, 24 de xuño do 2011 Fernando Sarasketa

O anuncio de Gadis, premiado na anterior convocatoria do concurso

Segundo informa o Consello Asesor de RTVE e a CRTVG o vindeiro 15 de xullo remata o prazo habilitado para achegar propostas na dezaoito edición dos Premios de Publicidade en Galego. O certame, convocado polo devandito Consello, resolverase no vindeiro mes de outubro, nun acto de entrega de galardóns a desenvolver en Vigo. Dáse a casualidade de que o concurso, segundo informan os organizadores o único no que se recoñece o bo facer na promoción feita no noso idioma, vén con tres modalidades: radio, TV e Internet.
Tendo en conta o estipulado nas bases, as achegas aspirantes aos premios deberán cumprir o requisito de ter sido difundidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010. Poderán optar aos galardóns, engade o Consello Asesor, medios de comunicación, axencias o promotoras “que divulguen anuncios publicitarios nas modalidades de cuña radiofónica, spot televisivo ou banner”.
O xurado, composto polo pleno do Consello Asesor, terá en conta cuestións e valores como por exemplo a singularidade e a orixinalidade da produción, o maxín disposto, a calidade lingüística oral e escrita e o contido multimedia dos traballos para internet.
O premio consiste nunha peza orixinal que vai variando cada ano e que na última edición, presentada e celebrada en Lugo, representaba a muralla romana, a través dunha obra do artesán André de Navia, en prata, madeira e lousa. Nesa ocasión concorreron 126 anuncios aos premios, e foron galardoados o spot Maloserá de Gadis; a cuña radiofónica Arts divino de Radio Nordés (SER), o banner da XXVI Mostra de Olería de Buño, e o deseño gráfico Achega a muralla de Lugo a toda Europa, da empresa Mombús.

PUBLICIDADE