O prazo para inscribirse nas constituíntes dos Colexios de Enxeñería e Enxeñería Técnica en Informática pecha o día 14

luns, 10 de setembro do 2007 Fernando Sarasketa

As persoas interesadas en participar nas asembleas constituíntes dos Colexios de Enxeñería e Enxeñería Técnica en Informática de Galicia aínda están a tempo de formalizar a inscrición. Poderán facelo antes do 14 de setembro a través da web www.aeig.org seguindo o seguinte fío: cubrindo cos correspondentes datos persoais o impreso previamente descargado na devandita páxina e enviándoo logo xunto cunha fotocopia do DNI e máis o título académico. Segundo sinala a Asociación de Enxeñeiros de Informática de Galicia, a inscrición no censo habilitará ós interesados para a participación activa en todo o proceso de creación do dito Colexio: presentación de candidaturas, decisión sobre os estatutos e sobre os órganos directivos, votacións, etc.
Ademais, continúa a Asociación, o impreso contempla a posibilidade de realizar a solicitude de colexiación neste mesmo paso, a cal se faría efectiva unha vez constituído o correspondente colexio, e sempre que nese prazo non se presentase renuncia expresa.

PUBLICIDADE