O proxecto Culturas 2008 empregará a Rede coma espazo de intercambio

martes, 27 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Co gallo do Ano Europeo do Diálogo Intercultural, o Ministerio de Cultura promove o proxecto Culturas 2008, que pretende crear unha plataforma que facilite o intercambio entre distintas culturas coa utilización da Internet coma espazo común de encontro.
Comeza así a web 2008culturas.com que servirá para a exhibición de 40 obras de 5 disciplinas (curtametraxes, música, fotografías, videoarte e net.art) seleccionadas por 4 comisarios expertos en cada categoría. A obras tratarán dos cambios nas coordenadas que habitamos, as novas tecnoloxías e os medios de comunicación como novas linguas, as fronteiras nas que se mesturan as culturas, os desprazamentos que destacan os desequilibrios e a creación de marcas, identidades ou estigmas.
As obras subiranse á web entre o 1 de decembro e o 31 de marzo, data na que o xurado seleccionará un grande premio de 12.000 euros, 4 primeiros premios de 6.000 euros cada un, 10 segundos premios de 2.000 euros cada un e 10 mencións sen dotación económica, mentres que a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias e o Consello da Xuventude de España terán cada unha un Premio Especial dotado con 2.000 euros.

PUBLICIDADE