O proxecto Opencast (no que participa a Universidade de Vigo) recibe 1,5 millóns de dólares

venres, 31 de xullo do 2009 Marcus Fernández

As fundacións Mellon e Hewlett achega 1,5 millóns de dólares para o financiamento do proxecto de impulso ás novas tecnoloxía na docencia Opencast Martterhorn, xurdido na Universidade de Berkley (California, EE.UU.) e do que tamén participa a Universidade de Vigo, polo que a universidade galega recibirá o 5% do investimento neste sistema que busca posibilitar o tratamento completo de contidos audiovisuais na docencia universitaria.
O vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo, Anxo Sánchez, comenta que xa levan tempo traballando nesta dirección (coma puidemos ver coa súa interesante achega a iTunes U) «co software libre Pumukit, unha ferramenta importante e un dos motivos polos que nos situamos no máis alto xunto a outras universidades de todo o mundo».
O coordinador de UVigoTV, Vicente Goyanes, destacou pola súa banda que ata o de agora desenvolveron o deseño da arquitectura do sistema e a primeira versión do proxecto en si, pero precisaban «novos fondos para entrar na fase de desenvolvemento propiamente dita para a cal se fixeron diversas peticións das que agora obtivemos unha resposta positiva».

PUBLICIDADE