O proxecto da app para rexer o transporte a demanda de Pontevedra recibe dúas ofertas

mércores, 9 de setembro do 2020 Redacción

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra reuniuse esta semana para coñecer as ofertas empresariais presentadas para a creación da aplicación informática que rexerá o transporte a demanda en Pontevedra. As empresas que se presentaron ao concurso aberto son Innopulse (con sede en Madrid) e a UTE de empresas galegas e aragonesas Demesix-Sicom-Zitycard.
Esta aplicación ao igual que a proposta de explotación do servizo, son dous proxectos incluídos dentro da estratexia Máis modelo Pontevedra financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da UE.
O obxectivo desta ferramenta tecnolóxica é determinar como vai funcionar o mecanismo de transporte a demanda. A licitación deste contrato sae por un importe de 297.460 euros e conta cun prazo de execución de 21 meses.

PUBLICIDADE