O proxecto de computación distribuída Folding@home rexistra 1 millón de usuarios de PS3

mércores, 6 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O proxecto da Universidade de Stanford que permite que usuarios de PC e PlaStation 3 cedan a potencia dos seus equipos para a realización de potentes cálculos para estudar as causas de varias enfermidades está a ter moi boa aceptación, e así xa anuncian que 1 millón de usuarios de PS3 descargaron a utilidade Folding@home para intentar acabar con problemas coma o Alzheimer e varios tipos de cancro.
Folding@home é un proxecto iniciado o pasado 23 de marzo, e grazas á contribución solidaria dos internautas está a mellorar a súa potencia de cálculo dun xeito importante.

PUBLICIDADE