O sábado YouTube estreará o seu servizo de vídeo en directo

luns, 17 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O portal de vídeos de Google, YouTube, se caracteriza principalmente por publicar vídeos pregravados (ou gravados a través de webcam) pero o vindeiro día 22 van dar un salto importante e van facer un seguimento en directo dun evento que terá lugar no Herbst Pavilion de San Francisco.
Así, durante 2 horas YouTube emitirá en directo o seu YouTube Live!, con demostracións de parkour, actuacións musicais (de artistas coma Will.I.Am dos Black Eyed Peas, o mítico guitarrista Joe Satriani ou Katy Perry), a participación dos Cazadores de Mitos de Discovery Channel e moitos convidados especiais que estrearán así o servizo de transmisión de actos en vivo, agardando unha audiencia de millóns de espectadores, de xeito que YouTube comezaría a competir dun xeito moito máis directo coas canles de televisión tradicionais, especialmente para o seguimento de concertos e acontecementos deportivos, para os que o potencial de YouTube é inmenso (pois podería combinar contidos en directo con material á carta).


Vídeo promocional do YouTube Live!

PUBLICIDADE