O servizo de autentificación de usuarios de Microsoft (WGA) fallou durante a pasada fin de semana

luns, 27 de agosto do 2007 Marcus Fernández

A pasada fin de semana os usuarios con copias legais de Windows XP e Windows Vista padeceron problemas técnicos pois, ó reiniciar os seus ordenadores atopaban coma se alertaba de que tiñan unha copia ilexítima do seu sistema operativo, xa que os servidores de autenticación de Microsoft (WGA) fallaron por culpa dun problema nunha actualización secreta do sistema, ou sexa, que moitos usuarios de Windows que tiñan desactivado o servizo de actualizacións automáticas viron coma o seu equipo descargaba unha actualización do sistema operativo sen o seu consentimento, modificación que debía de presentar algún problema que afectou tamén ós equipos coas actualizacións automáticas activadas.
A incidencia solucionouse rapidamente por parte de Microsoft, pero iso non evita que moitos usuarios se levasen todo un susto ó ver que o seu ordenador aparentaba ter unha versión pirata do seu sistema operativo.

PUBLICIDADE