O servizo de cine baixo demanda MUBI chegará ás PS3 españolas a semana que vén

mércores, 3 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Hoxe é o día elixido por Sony en Europa para o lanzamento de MUBI, unha nova plataforma de vídeo baixo demanda dispoñible dende a PlayStation 3 e que facilita o acceso a multitude de películas independentes, de países asiáticos ou clásicas, de autores coma Quentin Tarantino, os irmáns Coen, Lars Von Trier, Gus Vant Sant, Roman Polanski, Wong Kar-Wai, Ang Lee, Jean-Luc Godard… das que algunhas pezas serán de balde, mentres que o groso do catálogo en liña estará dispoñible por unha atractiva oferta de subscrición por tramos de 7 días (3,59 euros) ou 30 días (12,99 euros) nos que poderá gozarse de todas as películas dispoñibles o que agradecerán os cinéfilos de Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Suecia, Finlandia, Noruega, Francia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo, mentres que dende Alemaña, Austria, Suíza, Italia, Portugal e España deberemos agardar á semana que vén para gozar deste novo servizo.


Vídeo promocional de MUBI

MUBI conta cun amplo catálogo de filmes independentes, clásicos e internacionais

PUBLICIDADE