O sistema de identificación RSA SecurID podería estar comprometido

venres, 18 de marzo do 2011 Marcus Fernández

RSA, a división de seguridade de EMC e responsable do sistema SecurID empregado por moitas compañías para asegurar o acceso aos seus sistemas informáticos, padeceu un ataque sumamente complexo que aínda están a investigar, e que podería ter comprometido información sobre a súa tecnoloxía, de xeito que a seguridade de RSA SecurID (empregada por moitos gobernos e entidades bancarias) podería verse reducida, polo que comunican tan situación aos seus clientes nunha carta aberta.
Polo momento cren que o ataque só afectou a información sobre SecurID, de xeito que o resto de produtos de EMC continuarían a ser robustos, e xa anuncian medidas para evitar as repercusións negativas deste incidente a través de recursos que se achegarán aos actuais usuarios de SecurID.
Segundo parece, a solución RSA SecurID non está totalmente comprometida, pero a información subtraída podería reducir a súa eficacia, aínda que nun primeiro momento chegaría con modificar as políticas de seguridade das compañías que empreguen esta tecnoloxía para evitar males maiores.

PUBLICIDADE