O sistema de xestión de flotas móbiles de RIM incorpora o soporte de terminais con iOS e Android

martes, 3 de abril do 2012 Marcus Fernández

Para a xestión de flotas de móbiles, área na que a compañía canadense RIM ten moita experiencia (e que foi parte do éxito dos terminais BlackBerry), estréase hoxe BlackBerry Mobile Fusion, ferramenta que axuda á administración centralizada e eficiente de smartphones BlackBerry, tablets BlackBerry PlayBook e, agora tamén, tablets e smartphones que corran tanto Android coma iOS, ou sexa, que facilita a realización de certas tarefas moi necesarias en terminais de empresa como: activar e configurar dispositivos e perfís sen precisar de conectalos a un ordenador, activar o acceso a servizos corporativos de correo electrónico, calendario e contactos, administrar usuarios e grupos, establecer políticas de seguridade, xestionar terminais perdidos (podendo reiniciar o seu contrasinal, bloquealos e mesmo borralos remotamente), fixar as configuracións de Wi-Fi e VPN, espallar aplicacións desenvolvidas internamente, achegar notificacións, detectar jailbreak e tácticas semellantes, axudar a controlar os custos de conexións de datos e itinerancia e previr que as aplicacións poidan acceder ás contas de correo corporativo.
Este tipo de vantaxes (en solucións de RIM) estaban ata o momento limitadas a usuarios de BlackBerry, e agora universalízanse, axústanse mellor ás necesidades reais da empresa, na que é habitual que haxa algún terminal que non sexa do fabricante canadense, o que non impedirá que se adapte ás políticas corporativas definidas polos departamentos técnicos, para o que habería que pagar 99 dólares por usuario ou 4 dólares por usuario e mes (pagado anualmente).

O novo software controla terminais BlackBerry, Android e iOS


Vídeo de presentación de BlackBerry Mobile Fusion

PUBLICIDADE