O último libro de Harry Potter, nas redes P2P

martes, 17 de xullo do 2007 Fernando Sarasketa

Xa falamos disto hai uns días, pero a derradeira entrega (no literario) da saga de Harry Potter semella unha fonte inesgotable de novas en liña, case todas elas ligadas co feito de estar xa pola Rede antes da súa posta á venda oficial (este sábado 21 de xullo) e, por suposto, sen o consentemento da súa creadora e de todos aqueles que velan polos seus intereses (e polos propios deles mesmos). O caso é que Alt1040 advírtenos estes días de que dúas copias ilegais (pero verídicas) do libro están circular na actualidade pola Rede, unha delas coas 495 primeiras páxinas e a outra co contido completo deste suposto volume final, chamado Harry Potter and the Deathly Hallows.
As copias en cuestión circulan polas redes P2P e (segundo se apunta en Alt 1040), desta volta trátase de reproducións reais, feitas por xente que tivo a santa paciencia de escanear ou fotografar o documento páxina por páxina.

PUBLICIDADE