O2 estrea unha tarifa de fibra e móbil por 38 euros/mes

mércores, 11 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Hai uns meses demos conta dunha nova tarifa de O2 que estaba ao alcance dos consumidores da cidade de Vigo, e que confíase que nos vindeiros meses poida abrirse a un par de ducias galegas máis ao actualizarse a listaxe de poboacións que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia considere que teñen competencia dabondo en material de telecomunicacións.
Nesta mesma liña O2 volve cunha tarifa moi interesante, xa que por 38 euros/mes ofrece fibra simétrica de 100 Mbps, 25 GB de datos no móbil, chamadas ilimitadas no móbil e tamén liña de telefonía fixa con chamadas ilimitadas a fixos, podendo contratarse adicionalmente até 4 liñas móbiles con 10 GB de datos e chamadas ilimitadas por 10 euros/mes cada unha, converténdose nunha das ofertas de mercado con prezos máis axustados.
A nova tarifa está dispoñible en Vigo sen condicións, mentres que nos concellos nos que está previsto que a CNMC permita esta oferta nos vindeiros meses garanten polo momento que este prezo durará 9 meses, aínda que confían en poder mantelo como definitivo ao longo dos vindeiros 3 meses.
Estas tarifas carecen de permanencia e ofrecen instalación e router sen custo adicional, sendo o seu grande atractivo o facer uso da rede de fibra e móbil de Movistar.

PUBLICIDADE