Obama regalou un iPod á Raíña de Inglaterra

xoves, 2 de abril do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos días a atención mediática está dirixida en boa medida a xuntanza do G20 que levou consigo a visita de Barack H. Obama ao Reino Unido, dando lugar a unha curiosidade tecnolóxica no Palacio de Buckingham, xa que no seu encontro coa Raíña de Inglaterra o presidente dos EE.UU. entregoulle como agasallo un iPod no que se incluía un vídeo coa visita de Isabel II aos EE.UU. en 2007, así coma un «raro libro de cancións asinado por Richard Rogers».
Curiosamente este non sería o primeiro iPod da Raíña Isabel II, pois en 2006 xa recibira un como agasallo do seu neto, o Príncipe William.

PUBLICIDADE