OcioenGalicia.com pecha 2011 con 3 millóns de páxinas vistas

mércores, 11 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

A Rede continúa a ser unha das grandes fontes de consulta para información sobre actividades para o noso tempo de lecer, o que demostra o bo resultado co que pechou 2011 o portal OcioenGalicia, que sumou 400.000 visitas, 3 millóns de páxinas vistas e máis de 33.000 usuarios mensuais, o que non está nada mal para un medio con só un ano de vida.
Esta plataforma tamén ofrece unha axenda sociocultural actualizada das principais cidades galegas repartida nos dominios ocioencoruna.com, ocioenlugo.com, ocioenpontevedra.com e ocioenourense.com, o que resulta especialmente atractivo para os galegos que viven nas mesmas ou na súa zona de influencia. Completan os seus contidos unha carteleira actualizada, teléfonos de interese e unha guía de locais abertos ao público en distintas categorías, o que tamén resulta de interese para os turistas.
Este proxecto naceu en ocioenlugo.com hai 3 anos, pero no último exercicio foi cando consolidou o resto de páxinas web, conseguindo tamén levar a súa presenza ata as máis populares plataformas de redes sociais.

PUBLICIDADE