Oleiros ofrece ás persoas maiores dous obradoiros básicos sobre móbiles e informática
xoves, 30 de xaneiro do 2020
A
veciñanza de Oleiros vai poder compaxinar este duro inverno coa
formación de base no uso de dispositivos e informática. Estamos
a falar dos cursos para persoas maiores Manexo de móbiles e
Informática básica, que organiza esta tempada o Concello, a
través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade. Por
certo que o luns 3 de febreiro procederase a abrir o prazo de
inscrición para os dous obradoiros de iniciación. Ambos están
dirixidos a persoas maiores de 60 anos empadroadas no termo
municipal.
Os
obxectivos principais destes cursos son mostrar de “forma práctica,
amena e guiada” e máis sinxelos xeitos de aproveitarmos as
posibilidades que ofrecen as tabletas, os smartphones e máis
os computadores. Outra das finalidades é achegar recursos para
mellorar a calidade de vida das persoas maiores, achegándoas ás
vantaxes das novas vías de comunicación e mellorando o
envellecemento saudábel, a autonomía e o enriquecemento persoal da
veciñanza.
As
inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org,
na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites
en liña, a partir das 9:00 horas do luns 3 de febreiro e rematará
ás 20:00 horas do 6 de febreiro. As prazas adxudicaranse por orde
de inscrición. Para calquera aclaración, as persoas interesadas
poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.