Once concellos anuncian a súa concorrencia na Rede de Dinamización

martes, 22 de xaneiro do 2008 Fernando Sarasketa

Hai novidades nos plans da Consellería de Innovación para afianzar a presenza do acceso á Rede e, sobre todo, da formación vinculada ó acceso á Rede, paso de primeira orde para preparar o terreo cara a chegada real das cidades dixitais. Segundo apunta dito departamento da Xunta na web do PEGSI, once concellos veñen de establecer cadanseu acordo de colaboración para darlle un pulo da Rede de Dinamización, que é como se coñece un dos grandes proxectos da Consellería en materia de achegamento de Internet ós galegos e galegas.
Os gobernos locais en cuestión son os do Grove e Cuntis, na provincia de Pontevedra, e Curtis, San Sadurniño, Corcubión, Muros, Betanzos, Vilasantar, Ribeira e Cee, na da Coruña. Todos estes once termos territoriais acollerán na fase de formación práctica un dinamizador ou dinamizadora da Sociedade do Coñecemento, segundo se especifica na bolsa convocada pola Orde do 20 de xullo de 2007.

PUBLICIDADE