OpenSolaris xa se pode descargar en versión CD

martes, 6 de maio do 2008 Marcus Fernández

Sun Microsystems anunciou durante o congreso de programadores CommunityOne a dispoñibilidade de OpenSolaris, a versión aberta do sistema operativo de Sun desenvolvido en colaboración da comunidade, e que vén a constatar que é posible construír plataformas informáticas robustas aínda que o software estea aberto.
No congreso que tivo lugar en San Francisco, Ian Murdock asegurou que «o obxectivo de Sun é deixar a tecnoloxía nas más da meirande parte de desenolvedores posible» e pretenden trasladar a este novo sistema operativo o éxito de Java e de Linux.
OpenSolaris está a desenvolverse en colaboración con Intel para que funcione tanto en servidores con procesadores Xeon coma en ordenadores portátiles, e a esta colaboración tamén se sumou AMD, polo que parece que o soporte desta plataforma será axeitado, especialmente para aplicacións corporativas a nivel de servidor.
Xa se pode descargar unha versión de OpenSolaris en CD que combina unha imaxe de instalación e outra live no mesmo disco.

PUBLICIDADE