Orange abrirá un novo centro técnico en Ourense

martes, 19 de outubro do 2021 S. P.

A operadora Orange anunciou a súa intención de abrir un novo centro técnico en Ourense. Será un Centro de Procesamento de Datos que se sume ao recentemente inaugurado en Santander (o que investiu máis de 4 millóns de euros) e ao proxectado en Salamanca para antes do remate do ano (con outros 4 millóns de euros). O CPD de Ourense tamén virá cun orzamento análogo e a previsión é que se poña en marcha xunto con outros tres centros CPD en León, Cáceres e máis en Almería.
O obxectivo de Orange con estes proxectos é dotarse das infraestruturas requiridas polas demandas de datos e servizos dos usuarios, ao tempo que se equipa duns recursos axeitados para o espallamento da 5G e da XGSPON. Ao mesmo tempo, asegúrase de dispoñer “de todas as garantías de protección de datos e ciberseguridade e de tecnoloxías que garantan a eficiencia, en liña cos nosos obxectivos de sustentabilidade enerxética”, sinalou Orange nun comunicado.

PUBLICIDADE