Orange e Euskaltel: unha guerra sucia por facerse con 450.000 clientes de telefonía móbil

luns, 16 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Tras o peche dun acordo entre Euskaltel e Vodafone para converter á empresa vasca nunha operadora móbil virtual puxo contra a espada e a parede a Orange (que subministraba os seus servizos en Euskadi a través de Euskaltel e non baixo a marca Amena, de xeito que perderá de súpeto 450.000 clientes) chegando a emprender accións ilegais (xa denunciadas ante a CMT) como a realización de ofertas ilegais, a utilización dos datos de clientes de Euskaltel comercialmente e substituíndo a marca Euskaltel das pantallas dos móbiles por Orange.
Ante estas tácticas tan agresivas de Orange, Euskaltel remitiu unha carta ós domicilios particulares de tódolos seus clientes con contrato de telefonía móbil informándoos de que tódalas chamadas que realicen durante as fins de semana a outros móbiles de Euskaltel serán de balde (cun límite de 500 minutos/mes).
Euskaltel seguirá a empregar a rede de Orange ata o 31 de decembro, de xeito que en 2007 xa empregarán as infraestruturas de Vodafone para dar servizos ós seus clientes.

PUBLICIDADE