Os Nexus 7 e 10 comezan a recibir a actualización a KitKat

mércores, 13 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Tras a súa estrea no Nexus 5, a versión 4.4 de Android, alcumada como KitKat, comeza hoxe a distribuírse para tablets Nexus 7 (nas súas versións de 2012 e 2013) e Nexus 10, de xeito que os usuarios destes dispositivos nas súas versións con Wi-Fi poderán recibir esta actualización de xeito automático a partir de hoxe, agardándose que en breve chegue tamén para as súas versións con banda larga móbil e ao Nexus 4.
Este tipo de actualizacións tardan normalmente varios días en chegar a todos os dispositivos por procuran distribuírse de xeito progresivo para evitar a saturación nos servidores que fan entrega dos ficheiros de instalación da nova versión do sistema operativo móbil de Google que en vez de concentrarse en engadir novidades parece ter apostado pola súa optimización para funcionar do mellor xeito posible en dispositivos que non sexan excesivamente potentes.

Capturas de pantalla dun Nexus 7 coa última actualización de Android

PUBLICIDADE