Os OMV rexistran mínimos históricos en captación neta de liñas

xoves, 22 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Os datos sobre o mercado das telecomunicacións achegados pola CNMC están a confirmar unha tendencia nos últimos meses que indica a clara redución da competencia no sector, posiblemente polo fornecemento dos operadores tradicionais grazas ás súas ofertas de produtos converxentes.
Para contrastar a situación podemos comparar especialmente o saldo neto de portabilidades de Movistar e da suma dos operadores virtuais, que mentres en xaneiro de 2014 podiamos ver como no Movistar perdía 120.922 liñas, os OMV gañaban 135.778 liñas, pero se miramos os datos de xullo deste ano vemos como Movistar só perdía 27.692 liñas e os OMV reducían a súa captación neta de liñas a só 62.012.
Pero esta situación vai facerse aínda máis extrema cando se sumen aos datos da CNMC os resultados do pasado verán, cando Movistar conseguiu incrementar considerablemente os seus resultados grazas á competitividade das súas conexións de fibra óptica e os servizos televisivos, freando por fin a súa sangría de clientes, mentres que os OMV estarían a rexistrar mínimos históricos. De feito, algunha das compañías de telecomunicacións consideran que estase a chegar ao seu chan, de xeito que confían en que a forza tractora das tarifas converxentes chegase ao seu máximo, de xeito que neste momento poderiamos comprobar cal é o mercado puramente móbil, que é no que competirían agora este tipo de compañías, incapaces de realizar ofertas complexas que lles permitan competir cos combos que actualmente teñen tanto éxito.

Na evolución das portabilidades podemos ver como cae drasticamente a perda de liñas de Movistar mentres os OMV camiñan cara á súa conxelación en número de liñas

PUBLICIDADE