Os Simpson celebran os seus 600 episodios cunha experiencia en VR

luns, 17 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Co gallo da celebración do episodio 600 da serie de televisión Los Simpson, os creadores desta produción de animación asociáronse con Google para presentar o primeiro gag do sofá en realidade virtual do mundo: Planet of the Couches (O Planeta dos Sofás). Deste xeito, empregando o cartón de Google ou outros cascos de realidade virtual para o móbil pódese gozar dunha orixinal parodia de O Planeta dos Simios protagonizada pola familia Simpson, que estréanse así nos contidos envolventes que con tanta forza están a emerxer grazas á chegada ao mercado de varios sistemas de virtualización da realidade virtual.
Para poder gozar do Planeta dos Sofás é preciso instalar no móbil a aplicación Google Spotlight Stories, dispoñible para Android e para iOS, que convértese así nun complemento ideal ao episodio da serie de televisión emitido a pasada noite nos EE.UU., co que sería a entrega número 27 dos especiais de Halloween dos Simpson titulados A Casa do Terror.
O gag do sofá en 360 graos supón todo un reto para os espectadores, xa que está cheo de bromas e referencias que non se limitan á acción principal, de xeito que haberá que estar pendente do que acontece ao redor para poder captar todos os detalles, de aí que esteamos ante unha experiencia que convida explorar todo o contorno.
Os usuarios que non coten con sistemas de visualización inmersivos tamén poden gozar da experiencia movendo o móbil no aire e/ou empregando o dedo sobre a pantalla para mudar o punto de vista, aínda que deste xeito a experiencia resulta menos satisfactoria.

E en vez de atender só ao que acontece á familia Simpson miramos ao redor descubriremos moitas outras referencias á serie televisiva

PUBLICIDADE