Os Transformers terán un novo videoxogo o vindeiro verán

xoves, 29 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O 31 de agosto chegará para Xbox 360 e PlayStation 3 o xogo Transformers: La Caída de Cybertron, que pretende que os seareiros desta franquía poidan gozar durante horas da guerra entre Autobots e Decepticons para facerse co control do seu planeta de orixe, ofrecendo combates épicos e incluso un modo multixogador espectacular para o que contaremos cun creador de personaxes como nunca se veu nun xogo dos Transformers, permitindo deseñar totalmente aos nosos rotos, elixindo corpo, cor, vehículo no que se transforman, armas, habilidades e moito máis.
No xogo local tamén podemos ver que cada Transformer ten os seus poderes e a súa personalidade, de xeito que Jazz conta cun potente sistema de ancoraxe, Cliffjumper pode facerse invisible, Optimus Prime conta cun ataque de artillería dirixido por aire e incluso os Combaticons poderán combinarse na figura de Bruticus para dominar aos seus adversarios co seu grande tamaño e forza. Tamén aparecen pro primeira vez no xogo Grimlock, Metroplex, os Insecticons e moitos robots máis.


Transformers: La Caída de Cybertron estreou trailer hoxe

PUBLICIDADE