Os Worms invaden o Humble Bundle durante unha semana

venres, 14 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Durante unha semana o Humble Bundle ofrece un lote de xogos de Team 17 que será especialmente ben recibido polos seareiros da saga Worms, xa que inclúe os xogos Worms, Worms Armageddon, Worms Ultimate Mayhem Deluxe Edition, Worms Blast, Worms Pinball e Worms Crazy Golf, que non chegan sos, xa que están acompañados por o refrescante Superfrog HD e por Alien Breed Trilogy (que inclúe Alien Breed: Impact, Alien Breed 2: Assault e Alien Breed 3: Descent). Estes xogos poden adquirirse polo prezo que decida o usuario, indo a parar parte da recadación ás entidades benéficas Games Aid e Water Aid.
Os usuarios que decidan facer unha achega de máis de 6 dólares poderán descargar tamén Worms Revolution Gold, World Reloaded GOTY Edition, Overruled, Light e outros títulos que se irán incorporando nos vindeiros días, mentres que por 15 dólares contaríamos tamén con Flockers e Worms Clan Wars 4-Pack.

Worms Clan Wars é un dos xogos que oferta o Humble Bundle
Superfrog HD é un dos grandes xogos de Team 17 incluíndo no novo Humble Bundle semanal

PUBLICIDADE