Os ciberdelitos xa supoñen en Cangas unha de cada tres denuncias

martes, 23 de agosto do 2022 S. P.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu este luns 22 de agosto a Xunta Local de Seguridade do Concello de Cangas, xunto a alcaldesa, Victoria Portas, o tenente coronel da Garda Civil, Manuel Touceda, e outros responsábeis do corpo, así como a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, e membros da Policía Local e da seguridade municipal. No encontro analizáronse as cifras de delincuencia e infraccións penais rexistradas no municipio durante o que vai de ano, cifras nas que, coma noutros concellos, destaca o incremento dos delitos perpetrados a través das novas ferramentas. De feito, o cibercrime xa supón en Cangas unha de cada tres denuncias.
A subdelegada do Goberno explicou que “en Cangas, como acontece no resto da provincia, detécta se un incremento dos ciberdelitos, que supoñen xa unha de cada tres denuncias rexistradas na capital comarcal do Morrazo”.
Tal e como transmitiron os responsábeis policiais presentes na Xunta, estes delitos continúan a medrar mes a mes en toda a provincia e lastran as cifras xerais de infraccións penais do concello.

PUBLICIDADE