Os clásicos de Capcom volverán para celebrar o seu 30º aniversario

mércores, 9 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Black Tiger será o primeiro xogo da serie Arcade Cabinet

A revista xaponesa Famitsu adianta esta semana que para celebrar o 30 aniversario da súa fundación Capcom está a preparar Capcom Arcade Cabinet: Retro Game Collection, unha serie de xogos que puidemos ver en máquinas recreativas nos anos 80 e que adaptaranse para poder rememoralos na Xbox 360 e na PlayStation 3 a través das súas tendas de descargas.
O primeiro xogo en aparecer nesta colección será Black Tiger, título de desprazamento lateral cunha ambientación fantástica que gozou de grande éxito en 1987, ao que seguirán outros clásicos como o xogo de avións 1942, un grande referente como Commando e outros títulos como Gun Smoke e Trojan.
O produtor deste serie, Kenji Kataoka, asegura que non estaremos ante unha emulación directa destes xogos, senón que adaptaranse para incluír numerosos modos de xogo, especialmente para poder axustar os seus niveis de dificultade, que superan en moito ao que están afeitos os xogadores actuais.
Arcade Cabinet anunciarase oficialmente o vindeiro 7 de febreiro, e chegaría en forma dunha aplicación que incluiría de balde un dos seus xogos de balde, permitindo mercar logo lotes de xogos a prezos que prometen ser reducidos.

1942 e Commando son 2 dos xogos que recuperará Capcom este ano

PUBLICIDADE