Os comercios adheridos a Ribeira Store recibirán formación en liña de balde
martes, 11 de agosto do 2020
O Concello de Ribeira informa de que o xoves levarase a cabo
unha sesión de formación grupal sobre a plataforma de venta pola Internet Ribeira
Store a aqueles negocios xa adheridos que estean interesados en sacarlle o
máximo rendemento ao marketplace.
Esta sesión de balde terá lugar de maneira telemática a
través de Google Meet e botará a andar ás 20:30 horas. Aquelas persoas que
desexen participar na actividade só teñen que solicitalo por correo electrónico.
Cómpre destacar que segue medrando o número de inscritos a
xa son a dÃa de hoxe 109 os negocios adheridos a unha plataforma que pretende
servir de elemento potenciador do noso tecido comercial ao tempo que
contrarrestar mediante as novas tecnoloxÃas os efectos da pandemia.
As empresas ribeirenses que aÃnda non o fixeron teñen a
oportunidade de sumarse de balde a esta plataforma cubrindo o formulario da
páxina para o rexistro de comercios.