Os dispositivos electrónicos con baterías de litio deberán transportarse nas cabinas dos avións

xoves, 25 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O Consello de Goberno da Organización Internacional de Aviación Civil (ICAO) adoptou novas medidas de seguridade que de xeito provisorio prohiben o transporte de baterías de Litio-Ion na adega das aeronaves, ou sexa, que a partires do 1 de abril, cando entran en vigor as novas medidas, os pasaxeiros que queiran levar consigo dispositivos electrónicos que empreguen este tipo de baterías deberán levalas como equipaxe de man, xa que non estará permitida a súa facturación.
Ao parecer, esta medida manterase até o ano 2018, cando esperan que se peche un estándar sobre o transporte de baterías de litio para evitar incidentes provocados polos sobrequecemento das baterías, que chegaron a requirir aterraxes de emerxencia.
As medidas especiais ante ordenadores, tabletas e outros dispositivos que poidan funcionar con baterías de litio débense a que os sistemas anti-incendio automáticos instalados nos avións non permiten a extinción dun lume provocado pola explosión dunha batería deste tipo, o que dificulta o control temperán deste tipo de lumes.

PUBLICIDADE