Os dominios .gal reciben o ano 2021 cunha promoción

venres, 18 de decembro do 2020 Marcus Fernández

Para recibir ben o ano 2021 dende PuntoGal inician unha promoción a través da que será posible adquirir dominios .gal a un prezo reducido dende o 20 de decembro até o 10 de xaneiro nos rexistradores Dinahosting, Blacknight, INWX, Arsys e OVH, que terán como prezo máximo por rexistro 10 euros + IVE.
Dentro desta campaña de Nadal dende PuntoGal quixeron agasallar aos galegos cunha axenda descargable e imprimible en dous formatos diferentes, para poder así ter unha axenda adhesiva de peto ou unha axenda de parede.
Este tipo de promocións buscan dar unha maior visibilidade aos dominios .gal, que actualmente xa son máis de 5.600, e que constitúen todo un símbolo da nosa cultura e lingua na Internet, o que tamén contribúe á construción dun espazo galego na Internet vivo e con identidade propia.

PUBLICIDADE