Os estadounidenses poden rexistrarse para votar a través da Xbox 360

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Para animar aos cidadáns a votar nos vindeiros comicios presidenciais norteamericanos Microsoft chegou a un acordo coa asociación Rock the Vote de xeito que dende a consola Xbox 360 (conectada á Internet) se poderá solicitar a documentación para rexistrarse para votar (que se recibirá posteriormente no domicilio) co que pretenden dar un pulo á participación nas eleccións.
A Xbox 360 ten uns 12 millóns de usuarios nos EE.UU., dos que moitos son mozos en idade de votar, polo que o uso da plataforma Xbox LIVE para animar á participación pode ser efectivo, e complementaría a outras campañas nas que famosos coma Benicio del Toro, Ricky Martin ou Leonardo DiCaprio chaman aos seus seguidores a rexistrarse para poder votar.
Tamén se pode destacar o feito de que a campaña de Rock the Vote estea a dirixirse especialmente ao público hispano, con mensaxes en español nas que famosos cantantes coma Juanes ou Paulina Rubio animan a que a poboación hispana vote para que os políticos teñan en conta a súa opinión no futuro:

PUBLICIDADE