Os estudantes non universitarios galegos aínda poden solicitar unha axuda de 300 euros para a compra dun ordenador

xoves, 27 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A convocatoria de axudas para que o alumnando non universitario galego merque equipos informáticos continúa aberta ata o vindeiro 10 de abril, de xeito que os mozos que queiran adquirir un ordenador persoal poderán solicitar unha axuda de 300 euros achegados pola Consellaría de Educación, que subvencionará un total de 2.666 equipos.
As axudas cubren a compra dun ordenador de sobremesa ou portátil entre o 1 de xaneiro e o 20 de setembro de 2008, tendo que ser de primeira man e contar, coma mínimo, con CPU, teclado, rato e pantalla.
As solicitudes se poden cubrir na web e presentar no rexistro da Consellaría, nas delegacións provinciais de calquera consellaría, nos portelos únicos dos concellos e nos gobernos civís, podendo tamén remitirse por correo.

PUBLICIDADE