Os maiores de Lugo reciben formación en eAdministración da Subdelegación do Goberno

martes, 9 de maio do 2023 S. P.

Este martes 9 de maio a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantiña un encontro con integrantes da asociación sénior de Telefónica en Lugo que recibiron unha xornada formativa por parte dos técnicos da Subdelegación co obxectivo de resolver dúbidas sobre os diferentes trámites que se poden realizar coa Administración Electrónica.
Pola súa banda, Isabel Rodríguez quixo facer fincapé en que esta actividade enmárcase nas iniciativas que está a levar a cabo o Goberno para achegar a Administración aos cidadáns e reducir a fenda dixital, especialmente, entre as persoas máis maiores: “Debemos seguir facilitando o uso da sede electrónica aos lucenses, eliminando barreiras, porque é un medio seguro, cómodo e eficaz de relacionarse coa Administración Xeral do Estado”. Así, durante a xornada, os participantes puideron coñecer como enviar documentación rexistrada a calquera administración, acceder á carpeta cidadá ou realizar xestións sobre as súas xubilacións. Ao finalizar a charla, os asistentes solicitaron a clave permanente, que axiliza calquera trámite da administración electrónica.

PUBLICIDADE