Os roubapáxinas son o formato publicitario de máis eficacia na Internet

xoves, 5 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Un informe elaborado por Trafficking Solutions Hispania (descargable en formato PDF) analiza a eficacia e os usos da publicidade en liña en España, amosando tanto o incremento da publicidade dixital como o éxito que están a ter os roubapáxinas coma formato coa mellor relación click/impresións.
Así, o roubapáxinas (que teñen unhas dimensións de 300 x 250 píxeles) están a ter unha eficacia moi importante, e supoñen xa o 43,10% dos clicks, seguidos polos superbanners (de 728 x 90 píxeles) e os banners (de 468 x 60 píxeles) que suman o 22,70% dos clicks, de xeito que estes dous tamaños de banner tan tradicionais van perdendo pulo fronte a formatos máis cadrados.
Posiblemente estes resultados veñan producidos polo feito de que os formatos verticais e horizontais dos banners se colocan habitualmente en posicións marxinais das webs, mentres que os roubapáxinas están mellor integrados nos contidos (chegando incluso a confundirse en certas ocasións).

PUBLICIDADE