Os servizos de atención da Deputación da Coruña funcionarán só por vía telefónica ou telemática

martes, 17 de marzo do 2020 Fernando Sarasketa

A Deputación da Coruña aposta de cheo polo traballo a distancia para afrontar da mellor maneira posíbel a crise do COVID-19, reducindo ao máximo a actividade presencial (agás servizos esenciais e persoal directivo). Isto é aplicábel aos servizos de atención ao público da entidade provincial, que segundo anunciou onte a Deputación “funcionarán de maneira exclusiva por vía telefónica ou telemática”, co fin de evitar situacións risco de contaxio para a cidadanía.
A fórmula do traballo online estendeuse a todo o funcionariado da institución, que tamén pechou os seus centros educativos, culturais e etnográficos.
Amais, tamén se suspenderon todos os prazos para a tramitación de procedementos e do conxunto das entidades do sector público municipal.

PUBLICIDADE