Os traballadores de Microsoft recibirán ordenadores, tablets e móbiles cos nosos sistemas operativos da compañía

venres, 14 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Parece que Microsoft está a tomar a súa estratexia global ao redor de Windows 8 máis en serio que nunca, e durante o seu encontro anual de traballadores e Seattle Steve Ballmer tivo o seu propio momento Oprah ao anunciar que Microsoft vai entregar aos seus máis de 90.000 empregados un tablet Surface RT (para usar na casa e no traballo), un novo ordenador de traballo con Windows (poderán elixir entre sobremesa, portátil, Ultrabook e tablet) e un móbil con Windows Phone 8 (para empregar tamén para uso persoal e profesional).
Aínda que o evento non estaba aberto ao público, varios dos traballadores da compañía publicaron en redes sociais que tras o anuncio de Ballmer (á vez que publicaron algunhas imaxes que recolleu Engadget) confirmábase que estaban ante o primeiro encontro de traballadores da historia. Vese que este movemento consegue que os propios traballadores de Microsoft coñezan e confíen nos novos produtos que está a lanzar a compañía, o que pode ser un bo incentivo para desempeñar as súas funcións.

PUBLICIDADE