Os veciños de Cerceda poderán acceder á Internet a través de Wi-Fi por 8 euros/mes

mércores, 15 de abril do 2009 Marcus Fernández

Mapa de cobertura da rede Wi-Fi de Cerceda

En 2007 comezou a operar en probas en Cerceda unha rede Wi-Fi que daba acceso á Internet de balde a uns 175 veciños, pero tras un ano de actividade era preciso explotar comercialmente tal infraestrutura para evitar problemas legais (por competir deslealmente con operadoras de acceso á Rede) e finalmente a ordenanza que regula o acceso á Internet a través da infraestrutura sen fíos do Concello vén de entrar en vigor, de xeito que os veciños que desexen gozar desta conexión no casco urbano da vila ou no Polígono Industrial de O Acevedo (lugares onde hai as antenas Wi-Fi desta rede) deberán pagar 8 euros ao mes ou un bono anual de 90 euros.
Cómpre destacar que para poder recibir o sinal no interior das vivendas (e outros edificios) é precisa a instalación dun repetidor de sinal.

PUBLICIDADE