Ourense estrea mañá unha nova tenda Apple Premium Reseller

luns, 17 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O Apple Premium Reseller con presenza en Santiago de Compostela e Vigo, AS Computer, abrirá mañá unha nova tenda na rúa Curros Enríquez, 16 de Ourense, para ofrecer aos seus clientes na cidade das Burgas a posibilidade de coñecer e experimentar de primeira man os produtos de Apple nun contorno óptimo. O novo establecemento ofrecerá a gama completa de ordenadores Mac e dispositivos iPad, iPhone e iPod, xunto cunha ampla selección de accesorios.
A inauguración da nova tenda terá lugar ás 19:00 horas, e os asistentes á festa de apertura poderán participar en sorteos e recibir agasallos: os 10 primeiros en entrar gañarán un iPod shuffle, os primeiros 500 recibirán un agasallo conmemorativo e sortearanse cheques de agasallo por valor de 20 euros de desconto entre as 16:00 e as 18:00 horas e iPod shuffle, nano e Touch entre os asistentes a partires das 19:30 horas. Os clientes que opten por adquirir un novo ordenador Mac tamén poderán beneficiarse dun 10% de desconto especial.
Aparte da venda de produtos de Apple, os establecementos de AS Computer tamén acollen periodicamente sesións de demostración e cursos de formación para axudar aos seus clientes a tirar o máximo proveito das súas compras.

PUBLICIDADE