Outside achega notificacións meteorolóxicas ao iPhone

mércores, 30 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Resulta sorprendente ver cómo, posto que o iPhone inclúe de serie unha aplicación con información meteorolóxica, a compañía Robocat tivese a idea de desenvolver Outside, un programa para o móbil de Apple que combina información meteorolóxica en tempo real e predicións, con datos que van dende as precipitacións e a temperatura ata os niveis de radiación ultravioleta, o vento e a humidade, destacando especialmente por facer uso de tecnoloxía push, de xeito que ao darse unhas condicións definidas, aínda que o usuario non estea a acceder á aplicación no seu móbil, recibirá unha notificación, o que achega un valor engadido que busca compensar os 2,39 euros que custa a aplicación, incluíndo 30 días de notificacións de balde, podendo ampliarse o servizo en tramos de 90 días por 0,79 euros.
Outside ten unha interface de uso realmente atractiva, e aínda que non parece que vaia a converterse nunha aplicación de uso masivo, de seguro que contará cun nicho de público que agradecerá que o seu móbil avise automaticamente cando vaia chover.

A atractiva interface de Outside permite o acceso a moitas máis funcións das que ofrece a aplicación do tempo que vén de serie no iPhone


Anuncio en vídeo de Outside

PUBLICIDADE