PC City lanza un Plan Renove de equipos informáticos para empresas

martes, 26 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A cadea de tendas de informática PC City (con presenza galega na Coruña), vén de estrear un Plan Renove de ordenadores de sobremesa e portátiles para empresas coas que ofrece dende 50 ata 250 euros por renovar os equipos antigos.
O novo plan será válido ata o 31 de xullo e como requisito precisa que o ordenador antigo entregado acenda correctamente.
A cantidade entregada por PC City influirá tanto polo equipo informático entregado como polo que se vai comprar. Así, darán 50 euros por un equipo sobremesa con procesador AthlonXP e con procesador Pentium IV a cantidade ascenderá a 70 euros, mentres que nos portátiles as cantidades serán de 80 euros para equipos AthlonXP, 90 para Pentium III e 150 euros para Pentium IV. No caso de que o equipo mercado sexa un Toshiba A12010L se engadirán 50 euros, e se a compra se efectúa mediante renting tamén se engadirán outros 50 euros.
Resulta así bastante complicado conseguir o desconto máximo, pero este tipo de descontos resultan especialmente interesantes non só polo aforro económico, senón como sistema para evitar o lixo electrónico nos fogares (que despois se elimina de xeitos pouco ecolóxicos).

PUBLICIDADE