Parallels mellora a virtualización de Windows 7 baixo Mac OS X

mércores, 4 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O software de virtualización para Mac OS X actualizouse tras o lanzamento de Windows 7, e así xa están dispoñibles o VMWare Fusion 3 e o Parallels Desktop 5.0, dando a impresión de que este último é o que está a gañar a carreira por permitir reproducir aplicacións de Windows dentro do sistema operativo de Apple, pois Parallels soporta Windows 7 con Aero, OpenGL 2.1 e DirectX 9 con Shader Model 3, de xeito que consegue un rendemento 3D notable, e incluso estrea un novo modo Crystal que fai que as fiestras de Windows desaparezan de xeito que as aplicacións de Windows presentan unha aparencia nativa de Mac OS X e incluso soportan xestos do trackpad multi-táctil dos portátiles de Apple e o Apple Remote.

Parallels permite executar aplicacións de Windows en Mac OS X

O Parallels Desktop 5.0 está á venda por 79,99 euros, aínda que temos que lembrar que non é preciso empregar virtualización para acceder a aplicacións de Windows nun equipo de Apple, pois contan con Boot Camp (arranque dual Mac OS/Windows) que, aínda que oficialmente aínda non soporta a Windows 7, si é posible a súa instalación nos Mac.

PUBLICIDADE