Páxinas web accesibles con pedigree

mércores, 7 de febreiro do 2007 Raquel Noya

Dende agora, e grazas a un acordo internacional asinado pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) en colaboración co Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC) e co Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), as páxinas e portais existentes en Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite a súa accesibilidade establecida conforme ás normas. O dito acordo supón que CTIC e ESI emprestarán a AENOR servizos técnicos mediante inspectores cualificados que analizarán e avaliarán os sitios web (tanto de empresas como de institucións), combinando sistemas de revisión automática con metodoloxías de inspección manual para asegurar que cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade e (de ser así), achegar un selo de excelencia a súa presenza en Internet.
Esta nova certificación servirá ademais como guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

PUBLICIDADE